Número de libros encontrados: 6
Galván en Saor
O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas...
A música das palabras
«Pra escribir, escóitome a min mesmo e a música das palabras, non as normas dos gramáticos». En «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» Darío Xohán Cabana reflexiona, con rigor e excelencia, sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñecemento e prestando especial atención á tradución e á poesía...
Fortunato de Trasmundi
Fortunato de Trasmundi é a historia dun curioso personaxe dun fantástico país, o paraíso secreto das Sete parroquias, que sae a percorrer o mundo pola Galicia toda e, aquí e acolá, coñece tipos, historias e situacións que permiten ó autor a caricatura de todos nós, figuración e parodia do tempo e da sociedade que vivimos...
Vidas senlleiras
Coa súa habitual destreza de narrador, Darío Xohán Cabana ofrécenos nestas Vidas senlleiras cinco magníficos relatos que reconstrúen a vida singular de cinco personaxes, cinco heroes solitarios e epopeicos marcados por unha desmesurada vocación ou por un irrefreable destino...
Cándido Branco e o Cabaleiro Negro
Cándido Branco xa estaba canso de camiñar, e decidiu pasar a noite ó raso por aforrar o diñeiro da pousada e a fatiga de chegar a ela. Escolleu un sitio que lle pareceu xeitoso, ó abrigo dun piñeiro, e merendou do pan e do queixo que lle quedaba...